Escoitar

O crítico Patxi Madariaga ofrece este mércores unha conferencia sobre Korngold

O crítico musical Patxi Madariaga ofrece este mércores no salón de actos da Fundación Caixagalicia a conferencia "Korngold: un prodixio cada vez menos descoñecido", dentro da programación do Festival de Música de Vigo Are-More.

martes, 13 nov 2007
1194951196korngold.jpg
Erich Wolfgang Korngold
Nado en Bilbao, Patxi Madariaga é licenciado en Ciencias Químicas. A súa actividade profesional céntrase na área da administración de empresas e a informática, fundamentalmente en tema de redes e deseño web. Ten colaborado como crítico musical en diversas revistas como Mundo Clásico e Opumusica.com, proxecto no que actualmente, ademais de realizar a crítica de ópera da temporada de Bilbao, é responsable dos seus aspectos técnicos e de deseño.

Admirador da música e da figura de Erich Wolfgang Korngold, Madariaga ten realizado traducións para uso privado de varias publicacións sobre a súa vida e obra, entre elas "The Last Prodigy", de Brendan G. Carroll, considerada a obra definitiva sobre a vida e obra de Korngold.

Erich Wolfgang Korngold (Brno, Imperio Austrohúngaro , 1897 - Os Ánxeles, EE.UU., 1957), foi un compositor de gran prestixio en Hollywood. Ademais, compuxo cinco óperas e varias obras orquestrais, de cámara e cancións.

A conferencia de Patxi Madariaga sobre Korngold terá lugar este mércores a partir das 20.30 horas no salón de actos da Fundación Caixagalicia. A entrada é libre ata completar aforo.
1194951196korngold.jpg
1194951323patximadariaga.JPG
Descargar todas as imaxes