Vigozoo presenta o seu programa de visitas para o curso 2007-2008
O Nadal está cada vez máis cerca e, como nos últimos anos por estas datas, Vigozoo presenta o seu programa de visitas para escolares e outros colectivos para a temporada 2007-2008. No pasado curso escolar máis de 14.000 alumnos visitaron o zoo e participaron nas súas actividades educativas.
A concelleira de Medio Ambiente e presidenta do Parque das Ciencias Vigozoo, Chus Lago, recorda que "nestes últimos anos estamos inmersos nun proxecto de mellora integral das nosas instalacións" co fin de conseguir un "zoo moderno", o que supón "certas molestias que afectan ao desenvolvemento das visitas e das actividades educativas". Chus Lago pide "comprensión e paciencia para tratar de sobrelevar este período de transición no que o noso zoo está a camiñar cara ao futuro".
Curso sobre o cambio climático
Por outra parte, o Concello de Vigo, en colaboración co Instituto Nacional do Consumo, o Ministerio de Sanidade e Consumo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), convoca e organiza o curso "Cambio climático, saúde e consumo", que se celebrará este mércores das 10.00 ás 19.00 horas no salón de actos de Vigozoo.
A convocatoria diríxese a responsables políticos e técnicos de corporacións locais interesados nas medidas paliativas dos efectos sobre a saúde das persoas producidos polo cambio climático e as medidas preventivas que se poden desenvolver no ámbito do consumo. Os participantes recibirán un diploma acreditativo tras a realización do curso.
O programa do curso e outros datos de interese pódense consultar na páxina web www.consumosaludfemp.com. A inscrición, que é gratuíta, pode realizarse através desa mesma páxina.
Descargar todas as imaxes