Tráfico presenta un balance de seguridade vial no que xa conta o carné por puntos
Menos intervencións en accidentes de tráfico, menos vítimas mortais e menos atropelos, por unha parte, e máis accidentes con feridos graves e leves, pola outra, son os resultados máis destacados da comparación do balance de seguridade do período que vai do 1 de xullo e o 31 de outubro pasados coas cifras do mesmo período de 2006.
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Mobilidade, Xulio Calviño, repasou este martes as cifras do período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de outubro pasados comparándoas coas do mesmo período do ano anterior. Por un lado, descende en 68 o número de intervencións en accidentes de tráfico (un 2,19% menos), baixan en 138 os accidentes con danos materiais (-7,97%) e en 1 o número de vítimas mortais (-14,28%).
Tamén se rexistran descensos notables nas cifras de atropelos: en total houbo 42 menos (-18,75%). O número de atropelos en paso peonil rebaixouse en 19 (-16,37%), mentres que os ocorridos fóra de paso peonil foron 23 menos (-21,30%).
En cambio, prodúcense aumentos no número de accidentes de tráfico con vítimas, con 70 sinistros máis (+5,11%); de sinistros con feridos graves, con 10 máis (+9,61%); e de accidentes con feridos leves, con 148 máis (+8,21%).
Carné por puntos
O balance exposto este martes por Xulio Calviño recolle datos do mes de outubro, o primeiro desde que se aplica o carné por puntos en Vigo. Neste sentido, o concelleiro considera "esperanzador" o descenso do número de infraccións rexistradas polos nove radares instalados en diversos puntos do termo municipal. Así, prodúcese un descenso xeral do número de denuncias por hora, coa única excepción do radar da avenida de Samil, achacable, segundo Calviño, á fin da temporada de verán. Por outra parte, a velocidade media rexistrada nos nove radares en outubro (79 km/h) é menor que a de setembro (83 km/h) e igual que a de agosto.
Segundo indicou o concelleiro, en total restáronse xa 228 puntos correspondentes a 38 sancións de seis puntos, ou sexa, por conducir cunha taxa de alcohol de máis de 0,50 gramos por litro de sangue ou por condución manifestamente temeraria. Restáronse outros 56 puntos correspondentes a 14 sancións por taxa de alcoholemia superior a 0,25 gr/l e 572 puntos por 143 sancións por non respectar semáforos en vermello (ambas penadas con catro puntos). Por último, perdéronse un total de 330 puntos por 110 sancións de tres puntos, impostas a condutores ou pasaxeiros de motocicletas que circulaban sen casco.
Descargar todas as imaxes