Escoitar

O Concello cederá unha parcela na rúa O Grove para un centro de día e unha galescola

O alcalde, Abel Caballero, visitou este mércores a confluencia das rúas O Grove e A Estrada, onde está situada unha parcela municipal que o Concello cederá ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a construción dun centro de día e unha galescola.

mércores, 10 out 2007
1192020215grove101007.jpg
A cesión desta parcela está incluída na orde do día do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo deste xoves, será gratuíta e foi solicitada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o pasado 19 de setembro. O prazo da cesión será de 30 anos. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar terá que construír nesta parcela un centro de día e unha galescola no prazo dos tres anos seguintes á cesión.
Descargar todas as imaxes