Escoitar

Exposición sobre recursos educativos nos museos de Galicia

<br /> O museo Verbum-Casa das Palabras acolle ata o 30 de decembro a exposición "Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia" coa que se pretende difundir, potenciar e dinamizar as actividades educativas que se están a desenvolver nos museos galegos sobre o patrimonio natural, histórico, artístico, arqueolóxico, educativo e divulgativo da nosa sociedade.

mércores, 10 out 2007
Este é o obxectivo desta exposición: achegar a todos os cidadáns e cidadás unha pequena recompilación dos museos de Galicia para que poidan coñecer a través de imaxes, textos e recursos didácticos variados a oferta educativa que ofrecen á sociedade en conxunto.

Conforman a exposición os seguintes museos:

Museo Verbum, MARCO (Museo de Arte Contemporáneo), Museo de Historia Natural Luis Iglesias, Rede Museística da Deputación de Lugo, Museo Militar Rexional, MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), MACUF (Museo de arte contemporánea Unión Fenosa), Museo etnolóxico de Ribadavia, Fundación Eugenio Granell, Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, Museo Provincial de Pontevedra, Fundación Rosalía de Castro, Museo do Pobo Galego, Museo de Belas Artes da Coruña, Museo Liste, Centro Galego de Arte Contemporánea, Casa Museo Emilia Pardo Bazán, Museos científicos de A Coruña: Casa do Home (Domus), Casa das Ciencias, Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae) e o Parque Etnográfico do Río Arnoia.


Exposición gratuíta. De martes a domingo de 10 a 19 horas.