Proposta de nomeamento de Vigueses Distinguidos 2007
Achegamos a relación das persoas, asociacións ou institucións da cidade que a alcaldesa de Vigo propón por decreto para ser destinatarios do galardón Vigueses Distinguidos 2007. Unha relación da que se dará conta na Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro luns, 19 de marzo.
1.- AIMEN-Centro Tecnolóxico
É unha asociación privada sen ánimo de lucro, constituida en Vigo no ano 1967, promovida por un grupo de industriais vigueses de recoñecido prestixio. Inicia a súa andadura na Escola Universitaria de Enxeñerí Técnica Industrial de Vigo, onde permaneceu ata o 20 de outubro de 1995 data na que se trasladou a suas actuais instalaciones de Torneiros.
Nos cuarenta anos da súa andaina, é o primeiro centro de España no coñecemento das tecnoloxías de unión e referente nacional na investigación de materiais e nos seus procesos de transformación. Destacamos a figura do seu director durante 19 anos Armando Priegue Guerra. Os seus obxectivos: prestación de asistencia tecnolólxiga e vixiancia na evolución dos mercados, na teconoloxía, formación, e dotación de becas e contratos a xóvens. A asociación está formada hoxe por 69 empresas.
2.- Aloya-Centro Educativo
É unha institución que reúne unha escola de secretariado, unha escola de hostelería e un colexio que durante 40 anos contribuiu no desenvolemento da cidade aportando promocións de mulleres profesionais nun proxecto de formación humana e de calidade nun momento no que o acceso aos estudios serios non era tan sinxelo.
5000 alumnas pasaron polas súas aulas acadando unha porcentaxe de emprego do cento por cento, cun alto nivel de competencia e unha clara vocación de servicio.
A falta de medios económicos non foi obstáculo para que Aloya convertise mulleres en grandes profesionais.
3.- ASPANAEX
En 1962 nace pola iniciativa do Sr. Martinez Foix a Asociacion de Padres de Niños y adolescentes expecepcionales, dedicada a facilitar, inicialmente guarderia, e axuda a familias con fillos nestas condicions. Posteriormente as necesidades das persoas con discapacidade intelectual obrigan a xunta directiva desta asociacion a buscar un futuro para estas persoas, creandose deste xeito un centro ocupacional e un centro de día.
Asemade esta asociación trata de sensibilizar a sociedade de Vigo sobre o mundo da discapacidade intelectual, tratando tamen de obter axudas económicas que revirtan no manteñemento destes servicios.
Nos mais de 40 anos esta asociación tratou de seguer a desenvolver estas tarefas con outros servicios mellorando a vida e posibilidades destas persoas con discapacidade.
4.- Carpa: Club As Rodas de Patinaxe Artística
Naceu en 1982 para dar resposta á demanda do deporte da patinaxe en Vigo, acadando rápidamente un nivel competitivo que significou a participación en campionatos internacionais e organizando no ano 2002 o Campeonato de patinaxe artítica nas categorías junior e senior, pero non só o Club Carpa persegue as competicións senón que está aberta á expasións da deporte do patinaxe en todo o termo minicipal e dese xeito adícase tamén a formación humana dos patinadores e intercambios con outros clubes enriquecendo así a súa experiencia.
5.- Centro Oceanográfico de Vigo
Cumpre este ano 90 anos, iniciando a súa evolución en 1917, con idea de constituirse en laboratorio biolóxico mariño adicado aos traballos estatísticos e científicos de pesca e oceonografía.
Na actualidade o IEO é un Organismo autónomo con personalidade xurídica e patrimonio propios, que depende orgánicamente do Ministerio de Educación e Ciencia, e clasifícase como un Organismo Público de Investigación segundo a Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica do 14 de abril de 1986, sendo o seu campo de actividade o estudo do mar e os seus recursos, adícase ao estudo multidisciplinar do mar e especialmente aos problemas derivados da explotación dos recursos e da contaminación mariña.
6.- Colegio Miralba de la Congregación Hijas de Jesús
Esta institución relixiosa leva 50 longos anos adicado a actividades de docencia impartindo educación cristiá en zonas urbanas e rurais. Dende a súa fundación en Vigo en 1956, comezóu a sua andaida cunha aula de Bacherelato Elemental e paralelamente unha Escola de Maxisterio.
Posteriormente e transformado en colexio concertado do todos os niveis educativos non universitarios, convertíndose nun centro en contínua evolución que trata de responder as necesidades das familias que elixen esta oferta educativa. Múltiples xeracións de viguesas acadaron os seus niveis académicos gracias a esta institución que sen perder o seu carácter relixioso e, cunha forte tradición da cidade, é un centro educativo moderno e actual, aberto ao mundo e ao futuro.
7.- Doutor Genaro Borrás Sanjurjo
Vigués de orixe e de formación. Licenciado en Medicina e Ciruxía pola Facultade de Mediciña de Santiago de Compostela, especialista en traumatoloxía, e medicina do deporte e rehabilitación. De longa práctica no exercicio da profesión e Xefe dos servicios médicos do equipo de Vigo, Real Clube Celta, foi médico da selección olímpica de fútbol de 1990-1992, e ademais é xefe dos servizos Médicos da Selección Española dos mundais dos EE.UU., Francia, Xapón e Alemaña.
Co fundador da Asociación de Mediciña Galega do Deporte e da Asociación de Médicos de Clubes, e asemade un pai de familia, gran profesional e mellor persoa.
8.- Liceo Marítimo de Bouzas
O Liceo Marítimo de Bouzas é unha asociación privada. O seu obxecto é a promoción de toda clase de actividades deportivas e culturais, especialmente a vela e a pesca deportivas. Está situado no bairro vigués de Bouzas. No ano 2007 celebrou o seu primeiro centenário, xa que no ano 1907 foi fundado o primeiro centro cultural de Bouzas que daría lugar ao Liceo Marítimo de Bouzas.
Na actualidade a sua actividade desenvólvese nunha mariña de 400 amarres e ten unha intensa actividade na vela e na pesca deportiva. Organiza dúas das máis importantes regatas do calendario galego de vela de cruceiro: a Regata Vila de Bouzas e unha Regata de Solitarios e a Dos. Asemade, o Liceo Marítimo de Bouzas conta con escolas de vela (lixeira e de cruceiro) e pesca. Anualmente organiza varias competicións de pesca deportiva, e tamén un número importante de actos culturais que teñen a sua sede en Bouzas.
9.- José Francisco Armesto Faginas
José Francisco Armesto naceu o día de San Froilán de 1945 en Tui. Titulado xornalista pola Escola Oficial e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, Armesto iniciou a súa actividade xornalística na capital de España, para continuala en Vigo, fundamentalmente no "Faro de Vigo", do que foi director oito anos. Sendo estudante de bacharelato en Lugo coñeceu a Cunqueiro e logo traballou ás ordes deste en Vigo.
Vigués de adopción, foi un verdadeiro polígrafo no máis amplo sentido da palabra. Director da Universidade Popular de Vigo, foi un dos máis profundos investigadores da obra de Cunqueiro, poñendo de relieve a importancia deste mindoniense universal.
Faleceu no ano 2006.
10.- Policía Local do Concello de Vigo
Nos seus 125 anos de andaina, a Policía Local de Vigo experimentou un desenvolvemento paralelo ao da cidade. O incremento de necesidades e da cambios sociais propiciou unha transformación da primitiva policía garda de tráfico á policía local, co conseguinte aumento de competencias e cunha magnífica adaptación ás súas necesidades.
A cidade, coñecedora do quefacer do seu corpo policial, coroa os 125 anos de profesionalidade e entrega á cidade con este nomeamento público que se concreta en cada un dos homes e mulleres deste corpo, axentes en activo e veteranos que non só ordenan o tráfico e a seguridade dos cidadáns, senón que prestan a mais importante contribución á mellora do medio ambiente urbano en todas as súas facetas.