O Concello achegará 205.000 euros a FOANPAS para a xestión dos comedores escolares
O Concello de Vigo achegará este ano algo máis de 205.000 euros para que a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS) de Centros Públicos xestione os comedores escolares dos centros públicos da cidade e desenvolva actividades extraescolares. A alcaldesa, Corina Porro, e o presidente de FOANPAS, Julio Melero, asinaron esta mañá o novo convenio entre Concello e esta federación.
Desde o ano pasado, todos os colexios públicos de primaria de Vigo contan con servizo de comedor. Este curso 2006-2007, FOANPAS xestiona a subvención do Concello en 41 colexios públicos da cidade con comedor. A federación faise cargo da contratación dun único cátering, que subministra a todos estes comedores. O Concello, a través da Concellaría de Benestar Social, subvenciona ademais o comedor dalgúns destes escolares. Concretamente, 475 alumnos beneficíanse este ano das bolsas de comedor do Concello, que soman a cantidade de 340.000 euros.
Para o presente curso 2006/2007 a previsión é de 315.000 comidas, cun promedio de 1.800 comidas diarias. O pasado curso FOANPAS atendeu un promedio diario de 1.540 comidas, unhas 249.000 anuais.
En 2005, o Gobierno Local decidiu incluír unha partida específica para a subvención dos comedores escolares no seu orzmento municipal, co que se garante a continuidade destas axudas, xa que antes as subvencións dependían a sinatura de convenios con outras entidades e non contaban con partidas concretas nos orzamentos.
Ademais da subvención dos servizos de comedores escolares, FOANPAS desenvolve a través do convenio co Concello diversas actividades extraescolares dos colexios públicos de Vigo: actividades deportivas (futbito, artes marciais, natación, baloncesto, atletismo...), de carácter lúdico (contacontos, ludoteca), artísticas (música, teatro, pintura), idiomas, informática ou técnicas de estudio, das que se beneficiaron no curso 2005-2006 un total de 7.867 escolares de Vigo.
Dos 205.304 euros de subvención a FOANPAS para o curso que vén, 150.236 destínanse aos comedores escolares, 34.031 a actividades extraescolares e 21.036 á organización de xornadas de formación para as anpas asociadas.
Coa sinatura deste convenio, tanto o Concello de Vigo como FOANPAS colaboran para garantir un ensino público gratuíto e de calidade a todos os escolares vigueses.
Descargar todas as imaxes