Escoitar

A alcaldesa visita as obras de humanización da Travesía de Vigo

A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe venres a Travesía de Vigo para coñecer de primeira man as obras de humanización que se están a levar a cabo nesta área. Actualmente a primeira fase das obras está finalizada e os traballos da segunda fase están próximos a rematarse, segundo anunciou Porro.

venres, 16 mar 2007
1174055331travesia160307b.jpg
O investimento nestas dúas primeiras fases da humanización é duns 2,5 millóns de euros e inclúe 200 novas árbores, 100 farolas e 21 espazos para contedores soterrados. As beirarrúas da Travesía de Vigo, ademais, están sendo ancheadas con "materiais de primeirísima calidade", segundo dixo a alcaldesa, e serán dotadas de bancos para recuperar o espazo público dunha zona "que necesitaba unha intervención urxente".

As obras da segunda fase da humanización da Travesía de Vigo rematarán coa execución, "dentro de moi pouco", dunha escultura de nome "Vento do mar", realizada por José María Barreiro, e que estará situada na rotonda do Carrefour.

A alcaldesa adiantou que, se continúa no seu cargo despois das eleccións, proporá ao Pleno da Corporación a aprobación dun investimento adicional de 4 millóns de euros para acometer as obras da terceira fase da humanización da Travesía de Vigo, na que estaría incuído o soterramento de todos os contedores previstos para esta área no marco destes traballos.
Descargar todas as imaxes