Escoitar
Anuncio Desenvolvemento Local e Emprego

Selección de oficiais para o desenvolvemento do Programa Bial

<br />

venres, 26 xan 2007
A Xunta de Goberno local, na súa sesión do 22 de xaneiro de 2007, aprobou o procedemento de selección de oficiais para completar a composición do equipo técnico/xestor do Programa BIAL. De acordo co citado procedemento convócanse prazas para a presentación de candidaturas:

- OFICIAL ALBANEL
- OFICIAL CONDUTOR/A (cos carnés C, D e E)
- OFICIAL ELECTRICISTA
- OFICIAL FERREIRO/A
- OFICIAL FONTANEIRO/A
- OFICIAL XARDINEIRO/A

A duración das contratacións será como máximo de 10 meses (ata o 31 de decembro de 2007).

As persoas candidatas que estean interesadas presentarán a documentación necesaria para participar no proceso de selección no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, de 9.00 a 13.00 horas, dirixido á Comisión de Selección do Programa BIAL, Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego.

Documentación para entregar: instancia na que se solicite participar no proceso de selección definindo o posto ao que opte, Currículo Vitae, orixinal da vida laboral actualizada, fotocopia das acreditacións e do DNI (entregarase instancia, Currículum Vitae, orixinal da vida laboral, fotocopia das acreditacións e do DNI por cada posto ao que opte).

O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación do anuncio.

O procedemento, perfís profesionais e baremo aplicable estarán expostos nas dependencias da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo (na 4ª planta da Casa do Concello), nas dependencias do Programa BIAL (no Parque Central de Servizos do Concello, na Bagunda nº 1), e na páxina web http://emprego.vigo.org

Máis información nos teléfonos 986 263068