A Fundación Laxeiro examina 141 obras na súa sede en Vigo
Desde as 10.00 horas de hoxe venres, os membros da Fundación Laxeiro estiveron examinan un total de 141 pezas atribuídas a Laxeiro. Coleccionistas privados de toda Galicia achegaron estas obras á Fundación para que as catalogue.
Esta reunión é un primeiro exame ocular que permite unha primeira creba á hora de desbotar pezas de autoría dubidosa, as cales serán sometidas a exames máis obxectvos de carácter químico, dactilar e grafolóxico nunha segunda fase para despexar as dúbidas existentes.
Unha vez completado o proceso, procederase a fotografar todas as referencias e a incluílas na base de datos que a Fundación Laxeiro leva confeccionando desde 2001. O obxectivo deste traballo é a publicación do Catálogo Unviersal en 2008, ano do centenario do nacemento de Laxeiro.
Co gallo da publicación deste catálogo, a Fundación Laxeiro ten previsto realizar durante todo o ano 2007 unha reunión de expertización cada dous meses e así rematar este labor de recompilación de pezas inéditas e de identificación de pezas falsas.
A día de hoxe, a Fundación Laxeiro leva catalogadas unhas 2.000 referencias das que aproximadamente un 40% son óleos sobre tea e o resto papeis, feitos con técnica mixta, tintas, sanguina, carbón, lapis, augada ou óleo. Ata o de agora identificáronse unhas 200 referencias non atribuíbles a Laxeiro, das que a maior parte corresponde a obras sobre papel.
Para concluír con éxito este ambicioso proxecto, a Fundación Laxeiro precisa dun financiamento que non posúe na actualidade. Por este motivo, as tarefas de expertización lévanse a cabo grazas ó voluntarismo do Padroado, e axudas parciais de entidades como Caixanova, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Lalín e o Concello de Vigo.
Por todo isto, neste ano 2007, a Fundación Laxeiro ten como obxectivo prioritario acadar o financiamento axeitado para rematar este traballo de catalogación e clasificación en base de datos de todas s pezas atopadas. A Fundación Laxeiro estima nuns 70.000 euros o importe necesario para levar este proxecto a bo fin, dentro dos prazos marcados.
A publicación do catálogo universal dun artista da talla de Laxeiro permitirá acotar todo o seu legado artístico, de forma que poida ser estudado na súa totalidade. O catálogo universal tamén serrvirá como ferramenta de traballo para o mercado da arte.
Descargar todas as imaxes