Escoitar

Vinte persoas especializáronse en economía e xénero grazas a Conta con Elas

Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, e Iván Area Carracedo, vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, entregarán hoxe venres ás 18.30 horas os diplomas do módulo "Economía e xénero", que forma parte do Máster en Xénero, Educación, políticas de igualdade e liderado organizado pola Universidade de Vigo. <br />

venres, 26 xan 2007
1169804203contaconelas.jpg
Conta con Elas ofertou 20 prazas gratuítas para este módulo co obxectivo de que as persoas seleccionadas puidesen formarse no campo da influencia que o xénero ten na economía.

As persoas destinatarias da formación son persoal de recursos humanos e mandos intermedios de empresas, persoal técnico en inserción laboral ou que traballa con colectivos de mulleres e persoal que traballa no ámbito da igualdade de oportunidades.

O Proxecto Conta con elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no mundo laboral. O orzamento do proxecto, preto de tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.

A entrega de diplomas terá lugar ás 18.30 horas de hoxe venres no Centro Cultural Caixanova.
Descargar todas as imaxes