O MARCO repasa a historia recente das pezas gráficas de "usar e tirar"
Os que se acheguen ao MARCO esta fin de semana terán a oportunidade de visitar un espazo de exhibición, consulta e lectura dun conxunto de edicións impresas reunidas na exposición "PAPERBACK. Edicións baratas". Libros, carteis, adhesivos e outras pezas gráficas darán conta nesta mostra da renovación e vitalidade destes materiais nos últimos anos.
Sen pretender ser exhaustiva, PAPERBACK reúne un conxunto suficientemente amplo e significativo de producións recentes, todas elas económicas e de longa tiraxe, que non encaixan na idea tradicional do libro de artista en tanto que peza única e exclusiva, senón máis ben no concepto do ‘usar e tirar’. As publicacións recollidas en PAPERBACK foron pensadas, entre outras finalidades, para unha distribución e consumo da arte alén dos ámbitos institucionais.
PAPERBACK é unha coprodución do CGAC (Santiago de Compostela), a Fundación Luis Seoano (A Coruña) e do propio MARCO. A exposición permanecerá nas salas de exposición do primeiro andar deste museo ata o 11 de marzo.
Curso de arte pública
Ademais, o próximo luns comeza no MARCO o curso "Contextos e proxecto de arte pública", que se servirá de conferencias e debates para analizar varios proxectos de arte pública xurdidos nos últimos anos que revisan os supostos de permanencia e monumentalidade e que se instalan na "provisionalidade" da nosa paisaxe cotiá. Proxectos efémeros que teñen estendido a propia idea de espazo público mesmo cara a territorios "virtuais" e que suxiren moitas cuestións e posibilidades de abordar criticamente a arte e o contexto que a desencadea.
O curso, de 20 horas de duración, desenvolverase no Salón de Actos do MARCO ata o venres 2 de febreiro, baixo a dirección do profesor da Faculdade de Belas Artes de Pontevedra Javier Tudela. O prezo da inscrición é de 10 euros para estudantes e de 20 para o público en xeral, cun desconto do 20% para membros da Agrupación de Amigos do museo.
Exposicións en San Sebastián, Vitoria e Granada
Por outra parte, froito da colaboración entre o MARCO e outros museos, a mostra "Documentos. A memoria do futuro" foi inaugurada onte xoves en San Sebastián, e as exposicións "Switch on the power" e "A mostra invisible" farano nos próximos días en Vitoria e Granada, respectivamente.