Escoitar
Anuncio Muller

Programa "Mollémonos. O camiño elíxelo tí"

<br />

venres, 26 xan 2007
A concellería da Muller do Concello de Vigo informa que do 29 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2007 estará aberto o prazo para a inscrición no programa de actividades de formación e animación sociocultural "Mollémonos.O camiño elíxelo ti", correspondente ao segundo cuadrimestre (19 de febreiro ao 10 de xuño de 2007).

Destinatarias: Mulleres maiores de 18 anos.

Relación de cursos: Iniciación á percusión e canto tradicional, Técnicas de relaxación e autocontrol emocional, Muller e calidade de vida, Intelixencia emocional e resolución de conflictos, Axilidade mental – como potenciar a memoria, Saber comer e saber comprar, Adelgaza con saúde, Facendo teatro, Álbum de recordos, Galegas e galegos na historia, Arquitectura popular da Galicia rural, Mirar e entender a nosa arte, Museos en ruta, Vilas mariñeiras, Risoterapia, Dinámica – terapia da risa, Quiromasaxe integral, Relaxación e ximnasia antiestrés, Masaxe – a terapia do tacto, Estiramentos relaxación e conciencia corporal, Taichí e Chi-kung, Corrección postural-método pilates, Pilates-equilibrium para mulleres, Ritmos latinos-terapia do corpo e da mente, Danza oriental, Batuka, Reparacións domésticas, Arranxo floral, Arte floral natural, Areas decorativas e flores de xabón, Elaboración de licores caseiros, Madeira pintura decoración e restauración, Reciclaxe e restauración, Marquetería de carei nácara e cuncha, Pintura en tea seda e estencil, Repuxado en coiro, Iniciación á cestería,

As entidades que colaboran no programa poderán cobrar ata un máximo de 7 euros, por alumna, en concepto de matrícula.

Inscricións: Nas asociacións e vocalías da muller das asociacións veciñais.

Máis información: Na Concellería da Muller.1ª planta da Casa do Concello.Telefóno 986-810 284 ou na páxina web do Concello: www.vigo.org.