Escoitar

Setenta alumnos da Escola Municipal de Danza actuarán no Festival "Na punta do pé"

Setenta alumnos da Escola Municipal de Danza, con idades comprendidas entre os 8 e os 63 anos, participan hoxe venres a partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal no IX Festival "Na punta do pé", acompañados polo grupo de gaitas Airiños do Parque de Castrelos.

venres, 26 xan 2007
1169805366bailegalego.jpg
Unha actuación de música e danza tradicionais
Este festival vénse realizando nos últimos oito anos co obxectivo de dar aos alumnos un espazo de actuación con características escénicas diferentes das que poden encontrar nos seus ensaios. Este é, ademáis, un momento de máxima expectación no seu proceso de aprendizaxe, xa que durante a actuación deixan de ser alumnos, para ser bailaríns cunha resposabilidade engadida enriba dun escenario.

Moitos destes alumnos e alumnas actuarán por primeira vez nun esceario, con todo o que iso supón: vestirse coas mellores galas, adaptarse a un espazo distinto ao habitual, ás luces, ao público e os nervios do principiante que actúa ante o público despois de traballar durante moitas horas de ensaios.

PROGRAMA

1.- Grupo de alumnos de 8 a 12 anos
- Ribeirana
- Danza das Patelas

2.- Grupo de percusión "O Cascarexo": alumnos adultos
- "Unha Volta polo Medio" (Pandeiro)
- "Ay Maruxiña" (Xota)
- "Teño un Niño de Carriza" (Muiñeira)

3.- Grupo de Gaitas "Airiños do Parque de Castrelos"
- "Santa Fe" (Rumba)
- "Pasacorredoiras de San Roque"

4.- Grupo de alumnos de 8 a 11 anos
- Danza das Patelas
- Xota

5.- Grupo de alumnos adultos
- Fandango Muradán
- Muiñeira Vella
Descargar todas as imaxes