Escoitar

Concello e Xunta colaborarán para "pór no mercado máis vivendas"

A alcaldesa, Corina Porro, e o delegado da Consellaría de Vivenda na provincia de Pontevedra, Eudosio Álvarez, acordaron hoxe a sinatura, en próximas datas, dun protocolo de colaboración entre ámbas as dúas institucións en materia de vivenda protexida.

venres, 10 nov 2006
Tanto a alcaldesa como o delegado de Vivenda pecharon durante o encontro que mantiveron hoxe algúns aspectos deste protocolo. Segundo a rexedora viguesa, "unha das cuestións polas que urxe a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal é que Vigo poida contar canto antes con vivendas para todas as economías. Por iso estamos traballando neste protocolo, que vai facer posible pór no mercado máis vivendas", sinalou. O protocolo establece, entre outras accións, a creación dunha comisión paritaria de traballo.