Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 10 nov 2006
Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 13 de novembro de 2006, ás 8:00 horas en 1ª convocatoria e ás 9:00 horas en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.

1.- Acta da sesión ordinaria do 25 de setembro de 2006.

EMPREGO
2.- Dar conta da selección de 15 beneficiarios titulares e suplentes do itinerario de inserción laboral "lencería, lavandería e pasado de ferro" o Proxecto Actívate. Expte. 4045/77.

FESTAS E A.SOCIOCULTURAL
3.- Dar conta da relación de expediente de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas e Animación Sociocultural durante o mes de outubro de 2006. Expte. 2030/335.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
4.- Rectificación do acordo da X.Gobenro local do 16.10.06 en relación coa adxudicación das obras de urbanización do polígono 1 PERI 4 Barreiro 2. Expte. 1641/407.

5.- Revisión do prezo do contrato da prestación do servizo de mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneis e pasos inferiores da cidade de Vigo. Expte. 17929/240.

6.- Recuperación de oficio da posesión do acceso á fonte pública nº 259 Bagunda-Lavadores. Expte. 17017/240.

7.- Solicitude de D. Angel Alonso González de descatalogación do lavadeiro sito en Cambeses-Lavadores. Desestimada.

8.- Autorización á Fundación Galega do Metal para a substitución do ascensor no inmoble municipal sito na Avda. Ramón Nieto esquina rúa da Vía. Expte. 17916/240.

9.- Recursos reposición interpostos contra o acto que anuncia a concesión da xestión do servizo de estacionamento de vehículos. Expte. 72151/210.


PERSOAL
10.- Gastos de locomoción de diversos servizos municipais. Expte. 16760/220.

11.- Dar conta da resolución de Alcaldía sobre gratificacións por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xonada anual do persoal do Servizo de Extinción de Incendios correspondente ao mes de outubro de 2006. Expte. 16762/220.

12.- Aboamento de atrasos derivados da modificación puntual do Acordo regulador en relación ó traballo realizado nas datas de Nadal. Expte.16756/220.

13.- Solicitude de modificación da causa de excedencia forzosa da traballadora Dª. Mª Xosé Porteiro García. Expte. 16764/220.

14.- Axudas especiais do fondo social. Expte. 16679/220.

15.- Nomeamento de asesor da Comisión de Valoración para o concurso de traslados do ano 2005, para o posto de xefe da Oficina de xefatura da Xerencia municipal de Urbanismo. Expte. 16770/220.

16.- Programa de formación do persoal municipal, outubro-decembro 2006. Expte. 16766/220.

17.- Delegación da Xunta de Goberno local na primeira tenencia da Alcaldía da asignación de gratificacións por servizos extraordinarios do persoal adscrito ó Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 16774/220.

18.- Dar conta da resolución do primeiro tenente de alcalde sobre designación de asesor da Comisión de Valoración para o concurso de traslados do ano 2005, para o posto de "oficial de control de seguridade" para ratificación. Expte. 16777/220.


URBANISMO
19.- Proxecto de Expropiación por taxación conxunta de fincas non incorporadas á UA 3 Chantada. Reclamación de xuros de mora. Expte. 148/413.

20.- Convenio de recoñecemento de aproveitamento co propietario das parcelas P-005 do Proxecto expropiatorio de ensanche e prolongación da rúa Gandarón. Expte. 152/413.

21.- Rectificación do acordo da Xunta de Goberno local de data 2.10.06 polo que se aprobaron inicialmente os estatutos e bases para a constitución da Xunta de Compensación do Polígono IV PEPRI Bouzas. Expte. 4661/401.

22.- Prórroga do prazo establecido no Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Consorcio do Casco Vello de Vigo para a xustificación dos fondos do "Programa de axudas municipais a rehabilitaicón de fachadas de locais na Área de Rehabilitación Integral PEPRI Casco Vello".


VIAS E OBRAS
23.- Novo procedemento para a tramitación "Licenza de Cala" por parte de Aqualia. Expte. 49263/250.

24.- Aprobación técnica do Proxecto modificado nº 1 do de remodelación da zona das Ostras (fase 2: rúas Pescadería e Baixada á Fonte). Expte. 294/443.

25.- Rogos e preguntas.