Música e combates teatrais na Sala A!
O venres, día 10, a SalaA! centra ás 17 horas un novo encontro dos combates teatrais da LIXA ( Liga de Improvisación de Xóves Afeccionados)e ás 22:30 h actuarán en directo os grupos EL YUYO, EMMA PLACER e ESENIA, finalistas do concurso MusicaliA 2006 da Concellería de Xuventude de Vigo.
MusicaliA 2006 é un concurso de pop-rock, que pretende fomentar e apoiar aos grupos de Galicia e do norte de Portugal que buscan abrirse camiño no mundo da música.
Así, pois, despois dunha primeira fase de selección de maquetas, agora toca realizar ás actuacións en directo para poder decidir os gañadores do concurso. Cada venres actuarán tres grupos e o xurado valorará, ademais da orixinalidade e a calidade das composicións, tanto nos textos coma na musicalidade, a posta en escena e seleccionará a tres grupos que pasarán á gran final.
Cuarta xornada da LIXA
O vindeiro venres, 10 de novembro, terá lugar na Sala A! (Avda. Beiramar,113), a partires das 17:00h, un novo encontro dos combates teatrais da LIXA (Liga de Improvisación de Xóvenes Afeccionados).
A LIXA é un novo xeito de facer teatro, no que os participantes son actores e actrices que se enfrontan entre si empregando a súa creatividade.
Esta actividade é gratuíta e está integrada dentro da programación de Súbete ao Castro, pertencente á Concellería de Xuventude do Concello de Vigo
Nesta xornada de competición celebraranse os seguintes encontros:
División Branca:
ALLEGREISON VS. ATURUXO
División Negra:
EMT I VS IES CASTELAO
EMT III VS CHESPIRIÑOS
Ao remate de cada xornada teñen lugar os "combates pachanga" nos que se mesturan xogadores e público e improvisan xuntos.
Cada venres, máis de 60 mozos e mozas danse cita na Sala A! para disputar unha nova competición. Os resultados dos combates do venres, 3 de novembro foron os seguintes:
IES CASTELAO vs. CHESPIRIÑOS (2-4)
EMT II vs. CORRAL DE COMEDIA (1-4)
EMT II vs. ALLEGREISON (4-3)
EMT III vs. SPLASH (NP-1)
Toda a información da LIXA (normas, calendario... etc), está dispoñible na web www.lixa.info
Descargar todas as imaxes