Cine sobre consumo de drogas para concienciar os escolares
O Concello de Vigo colabora co Servizo Galego de Saúde no desenvolvemento do Programa de Prevención de Drogodependencias "Cinensino", que ten por obxectivo concienciar os alumnos de ESO e educación primaria fronte á problemática das drogas mediante a proxección de películas que abordan o tema de maneira máis ou menos directa.
Cinensino chega anualmente a máis de 17.000 alumnos do primeiro e segundo curso de ensino secundario (12-13 anos) e de 5º e 6º curso de Ensino Primario Obrigatorio (10-11 anos), por ser nestas idades cando se producen os primeiros consumos esporádicos de drogas.
En Vigo, o programa de proxeccións para alumnos de ESO inclúe os seguintes títulos: "Dick e Jane", película na que se abordan as crenzas favorecedoras do consumo de drogas; "Sky High", que será a base dun módulo de traballo sobre a busca de emocións e sensacións; e "Pequenos salvaxes", coa que se pretende falar do tema das relacións nas pandillas e das tendencias favorecedoras do consumo.
As tres películas proxectaranse no Cine Salesianos en dúas sesións: 10:00 e 12:00 horas. "Dick e Jane" será visionada hoxe mércores e mañá xoves; "Sky High", os días 15 e 16 de febreiro; e "Pequenos salvaxes", o 2 e o 3 de maio.