O Concello destina 64.500 euros a proxectos aprobados polo Fondo Galego de Cooperación
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, e o presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Alfredo Novoa, asinaron hoxe mércores un convenio de colaboración por importe de 64.500 euros, cantidade que se destinará principalmente á subvención de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
Estes proxectos son os 20 que resultaron aprobados dos 65 que se presentaron á convocatoria de axudas do Fondo para 2006. O Fondo financiará estas iniciativas cun total de 530.000 euros, dos cales 60.000 serán achegados polo Concello de Vigo en virtude do convenio asinado hoxe mércores. Os outros 4.500 euros incluídos neste acordo dirixiranse a actividades de prevención de e/ou axudas para situacións de emerxencia.
Marta Iglesias salientou a contribución do Concello de Vigo ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do cal dixo que "é un gran medio para chegar ás ONGs máis modestas que están traballando en proxectos case de supervivencia con escasos medios". Neste sentido, a concelleira subliñou a importancia do Fondo á hora de facer chegar a axuda de maneira "canalizada, ordenada e máis operativa que se o fixesemos cada un polo seu lado".
Os 20 proxectos que recibirán financiamento do Fondo divídense en dous grupos: o de cooperación directa, con un proxecto en Senegal, dous en Guatemala, un en Bolivia e dous en Perú; e o de cooperación indirecta, con 14 proxectos en Cabo Verde.
O Fondo Galego de Cooperación
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é a entidade que coordina as políticas públicas en materia de cooperación ao desenvolvemento no ámbito da administración local. Integrado por 90 socios (entre eles as sete cidades e as Deputacións da Coruña, Ourense e Pontevedra) foi creado en 1997 co fin de harmonizar as políticas de cooperación ao desenvolvemento impulsadas desde os concellos galegos.
O Concello de Vigo é socio do Fondo Galego desde 1998 e asinou a "Declaración política das cidades" do 5 de marzo de 2001. O convenio asinado hoxe mércores é unha renovación dos convenios previos, que afianza e consolida a relación entre ambas as institucións.
As principais liñas de traballo do Fondo Galego son o impulso de proxectos e programas de cooperación ao desenvolvemento, actividades de formación e sensibilización e a participación e representación do Fondo Galego en organismos como a Comisión Interterritorial, o Consello Galego da Cooperación e a Confederación de Fondos. Ademais, o Fondo Galego impulsou a creación do Consello Municipalista da Cooperación, que se convoca todos os anos co fin de debater as bases da convocatoria anual de proxectos e intercambiar coas ONGs impresións acerca de actividades como as de sensibilización.
Descargar todas as imaxes