Unha alternativa para os xoves: tardes e noites vivas
Nas fins de semana, os mozos e mozas de Vigo teñen unha alternativa de ocio para poder divertirse realizando unha morea de actividades gratuítas no programa de ocio da concellería de Xuventude "Tardes e Noites Vivas",dende as 17:00 horas da tarde e ata a 1:30 da madrugada do venres e do sábado.
Para o venres, día 10, están previstas unha gran variedade de actividades repartidas do seguinte xeito:
- No Pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva): realizarase un obradoiro de pendentes de fimo e moveranse ao ritmo da batuka. Tamén se poderá botar unha pachanga ao aire libre ou divertirse cos xogos de mesa.
-Na Asociación Xuvenil Cancerbero (R/ Heraclio Botana, 6 – Baixo Esquerda) celebrarase unha megabatalla de warhammer fantasy (A batalla de Salk Lake).
-O Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1) terá unha programación moi variada para adaptarse ao gusto da maioría. Así, pois, poderase realizar dende un obradoiro de cociña vexetariana a outro de figuras de patchwork, practicar musculación por conta propia ou participar nunha clase de body-power (unha técnica que mestura a tonificación e a musculación). Para os seguidores do baloncesto, celebraranse dous encontros de "Vigo en Xogo".
-Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas). Este espazo será, unha vez máis, o preferido polos afeccionados ás novas tecnoloxías, xa que contarán con conexión wifi, liga de xogos en rede, conexión a internet, chat e messenger e dardos electrónicos. Pero tamén se realizarán outras actividades coma danza oriental, iniciación ao teatro ou un obradoiro de cócteles sen alcol. A sala "Espazo aberto" estará a disposición daqueles e aquelas que queiran quedar, simplemente para charlar ou xogar ao seu aire, empregando os xogos de mesa, o xadrez ou os xogos de enxeño.
-O pavillón municipal de deportes de Coia (na Avda. Castelao) realizará actividades deportivas, e organizará unha partida de dardos.
-A Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 – Baixo), terán un venres moi comunicativo con actividades coma contacontos, linguaxe de signos e acceso a internet. Tamén estará aberta a sala multiusos para poder quedar cos amigos e amigas e realizar actividades libres coma futbolín, ping-pong, xogos de mesa, pendentes, chaveiros e carteiras de cómic.
Cada unha destas actividades teñen un horario determinado dentro do intervalo que vai dende as 17:00 ata as 2:00 da madrugada.
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 ou na web www. xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes