A Policía Local recibe a Bandeira da Cidade no seu 125º aniversario
A Policía Local de Vigo recibiu hoxe venres, co gallo do 125 aniversario da súa creación, unha homenaxe do Concello e de centos de cidadáns que se achegaron á praza do Rei. A alcadesa, Corina Porro, entregoulle a Bandeira da Cidade a Carmelo del Castillo, xefe do corpo de seguridade municipal.
A concesión deste distintivo foi acordada por unanimidade no Pleno do pasado 11 de setembro. Segundo expuxo daquela o concelleiro de Seguridade, Antonio Coello, a Policía Local de Vigo botaba en falta "a presenza dunha enseña representativa da nosa cidade e do noso colectivo, tal como un estandarte ou unha bandeira", nos eventos de carácter internacional en que participa, como os Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros e o Campionato Europeo de Policías e Bombeiros.
A Policía Local foi creada en 1881 como Garda Urbana, quedando conformada naquel momento por un xefe, dous cabos e 28 gardas. Co paso do tempo a antiga denominación derivou cara á de Policía Local, que sería finalmente modificada en 1986, cando coa Lei de Forzas e Corpos de Seguridade pasou a chamarse Policía Local.
O acto de aniversario da Policía Local contou coa presenza do escuadrón de Cabalaría da Policía Municipal de Madrid.
Descargar todas as imaxes