Aprobado o padrón do IBI cun importe de 43,7 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns os padróns do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana (IBI) e do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) de 2006, polos importes de 43,7 e 10,6 millóns de euros respectivamente.
O IBI de 2006 conta cunhas 189.000 inscricións, cun importe total de cotas de 44,2 millóns de euros. Desta cantidade foron deducidos 181.000 euros correspondentes a 1.995 titulares descoñecidos e 318.000 euros correspondentes a 971 inscricións que foron motivo de anulación despois do peche do padrón e que se xirarán por ingreso directo. Desta forma, o contraído definitivo elévase á cantidade de 43,7 millóns de euros, superior aos 42,2 millóns de 2005. A Administración de Tributos do Concello realizou o cálculo da débeda cun tipo impositivo aplicable do 0,725%.
No caso do IAE son 3.784 as inscricións, por un importe total de 10,6 millóns de euros. Desta cantidade, a cota municipal supón 9,3 millóns. Os 1,3 millóns restantes corresponden ao recargo provincial do 30% establecido pola Deputación de Pontevedra. En 2005, cando había 3.547 inscricións, o importe total do IAE foi de 10,1 millóns de euros, dos que 8,8 corresponderon á cota municipal e 1,2 á cota provincial.
Subvencións
Por outra parte, o Goberno local deu conta hoxe luns das subvencións concedidas pola Consellaría de Traballo no marco dos seus programas de cooperación para o fomento do emprego polas entidades locais. O obxectivo destes programas é posibilitar a contratación de traballadores desempregados para a execución de obras e servizos de interese xeral e social.
A Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo solicitou subvención para a realización dos proxectos aprobados pola Xunta de Goberno na súa sesión do pasado 24 de abril. A resposta da Consellaría chegou o 18 de xullo coas resolucións aprobatorias dun conxunto de subvencións por valor de 700.000 euros, que se destinarán á contratación de 110 traballadores para proxectos como a mellora da accesibilidade das instalacións deportivas, a conservación de vías e espazos públicos, a adecuación arquitectónica de parques e a integración e reforzo de liñas de alumeados.
A contatación destes traballadores rexerase polo Acordo marco de regulación das condicións sociolaboraias das contratacións realizadas no marco do Plan Municipal de Emprego 2004-2007.
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns dúas solicitudes de subvencións á Xunta de Galicia. A primeira, cun importe de 481.000 euros, ten por obxectivo a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria durante 2006. A segunda, de 103.500 euros, pertence á área de Muller e destinarase ao desenvolvemento de programas de atención a familias monoparentais. A Concellaría da Muller tamén viu aprobada hoxe luns a concesión das súas subvencións correspondentes á convocatoria de 2006, por un importe de 74.000 euros.
Pobo Galego
Na área de Urbanismo a Xunta de Goberno deu o seu visto bo á aprobación inicial do proxecto de urbanización da Unidade de Actuación "Pobo Galego". Con esta decisión "desbloquéase unha das cuestións que levaban moito tempo sen resolverse no centro", segundo afirmou o alcalde accidental, José Manuel Figueroa.
Descargar todas as imaxes