Convocatoria do I premio á solidariedade do Concello de Vigo ano 2006
<br />
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 17 de xullo de 2006, aprobou as bases do "I Premio á solidariedade do Concello de Vigo", co obxectivo de concienciar e sensibilizar á sociedade sobre a importancia do traballo voluntario e solidario, a prol dos sectores sociais máis desfavorecidos.
OBXECTO.-
Este premio pretende recoñecer e fomentar o compromiso de solidariedade coas persoas en desvantaxe social por parte de persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan a súa labor na cidade de Vigo. Poderán presentar as propostas todas aquelas entidades públicas ou privadas legalmente constituídas que consideren que una determinada persoa física ou xurídica é merecedora de este recoñecemento.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN.-
O prazo de presentación das candidaturas vai dende a data de publicación na prensa local ata o 13 de agosto de 2006. As propostas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, mediante instancia dirixida á Excma. Alcaldesa – Presidenta.
INFORMACIÓN.-
As bases reguladoras deste premio poderán ser recollidas na oficina de Información do Concello de Vigo e consultadas na súa páxina web: www.vigo.org