Adxudicado o estudo de mobilidade e accesibilidade do Centro Histórico
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo adxudicou hoxe xoves, por unanimidade, o contrato para a realización do estudo de mobilidade e accesibilidade do Centro Histórico de Vigo, á empresa Plans Estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambientais, polo prezo de 40.950 euros.

Tamén acordou o Consello da Xerencia hoxe xoves unha serie de propostas sobre as cales deberá decidir a Xunta de Goberno Local. Son as seguintes:
- Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de actuación "Pobo Galego".
- Requerir o desaloxo do arrendatario da parcela primitiva "21" do Proxecto de Compensación da UE I-06 Rosalía de Castro 2 (rúa Areal, 114-baixo-Bodegón Alborada).
- Adxudicar as obras de urbanización do Polígono I-Peri IV Barreiro 2, á empresa Movexvial, por un prezo de 2.584 euros.
Descargar todas as imaxes