Escoitar

O Concello asina un convenio para integrar o colectivo xitano

A Concelleira de emprego, Lucía Molares, reuniuse a mañá do xoves co Presidente da Fundación Secretariado Xitano, Pedro Fuentes, para asinar un convenio específico. O obxetivo da unión dos dous entes é a integración dos colectivos desfavorecidos. Este acordo leva en marcha dende o ano 2001.

xoves, 27 xul 2006
1154016686lucia270706.jpg
O convenio busca a igualdade de xénero, captar a novos usuarios e capacitar os participantes do grupo de integración dunha formación profesional. No ano 2005 o número de persoas que participaron no grupo de integración alcanzou a 32 mulleres e a 31 homes, este ano espérase que as cifras aumenten.

O Departamento de Empleo do Concello está moi satisfeito co traballo que realiza a Fundación Secretariado Xitano, o mesmo tempo, que valora traballar conxuntamente e de forma coordinada. Os dous entes perseguen a necesidade dun cambio cultural na sociedade viguesa, este cambio beneficiaría a integración dos colectivos máis desfavorecidos, neste caso a comunidade xitana.

O Presidente da Fundación Secretariado Xitano fai énfasis nas boas relacións que mantén co Concello, en busca dun proxecto que permita a formación laboral dos que no poden acadala. Afrimou que o concepto de familia xitana está cambiando co paso do tempo, e adecúase pouco a pouco a forma de vida moderna; así como o papel da muller xitana no mundo laboral.

A primeira vez que firmouse este convenio foi no ano 2001, máis tarde xa en 2004 aprobouse por unanimidad en pleno un convenio específico que tería unha duración de catro anos, polo que ata 2007 a Fundación Secretariado Xitano ten asegurada a sinatura deste acordo para a integración.

Galicia non é a Comunidade Autónoma con maior número de xitanos, en Vigo a cifra ronda as 1000 persoas. Rexións como Andalucía, Extremadura e os cituróns das grandes cidades teñen na súa poboación unha cantidade máis sustancial de xitanos, nestas zoas están tamén máis desenvoltos os plans de integración. En Galicia nos atopamos a un número moi pequeño de estudiantes universitarios, en comunidades como a extremeña chegan a licenciarse cerca de 30 alumnos xitanos.

A Fundación Secretariado Xitano procura o avance social, onde a xente se valore positivamente, esta actitude rompería coas dificultades de integración social. Pedro Fuentes recalcou que outro dos pilares básicos para o progreso é o esforzo da comunidade xitana na incorporación ó plan. A fundación pide que os medios deben facer unha labor na que melloren a imaxen dos xitanos.
Descargar todas as imaxes