Samil acolle o Torneo Internacional de Tenis Feminino de Vigo
O Complexo Deportivo de Samil acolle a partir do sábado 29 de xullo e ata o domingo 6 de agosto o V Torneo Internacional de Tenis Feminino "Cidade de Vigo", que será tamén a I Copa Caixanova. Sesenta e catro tenistas de 21 países participarán nesta competición.
O torneo, incluído no calendario internacional e puntuable para o ránking mundial da WTA (Asociación Mundial de Xogadoras Profesionais), está dotado cunha serie de premios que soman un valor total de 25.000 dólares.
Dezaoito das participantes ocupan postos no ránking mundial que van do 122 da belga Kirsten Flipkens ao 234 da británica Melanie South.
Segundo a concelleira de Deportes, Lucía Molares, isto supón "unha aposta polo tenis feminino na nosa cidade", á que hai que engadir os 30.000 euros que se investiron na mellora das instalacións en que terá lugar a competición.
O torneo divídese nunha proba individual, cunha fase previa de 64 xogadoras e un cadro final de 32, e unha proba de dobres, cun cadro de 16 parellas. Ambas as modalidades rexeranse polas normativas vixentes da Federación Internacional de Tenis e da WTA.
A competición comezará o sábado 29 de mañá, coa primeira ronda da fase previa. A primeira ronda individual da fase final iniciarase o martes 1 de agosto e a de dobres, o mércores día 2. O xoves 3 dará comezo a segunda ronda das dúas fases finais. As eliminatorias desputaranse o venres 4 e o sábado 5 e a final, seguida da clausura do torneo e a entrega de trofeos, será o domingo 6.
Descargar todas as imaxes