A Mostra do Traxe Tradicional Galego desfilará na Praza do Berbés
A Concellaría de Festas de Animación Sociocultural organiza a XVI Mostra do Traxe Tradicional Galego na Praza do Berbés hoxe venres ás 22.30 horas. O evento enmatrcase dentro do programa das Festas do Cristo da Victoria.
O Berbés convertirase na plataforma onde desfilarán 30 traxes tradicionais galegos, os de gala femininos de Tui, de Vigo e de Pontevedra e os masculinos da Comarca de Santiago ou das Montañas do Courel, entre outros.
Na mostra actuará a Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional do Concello de Vigo, dirixida por Wenceslao Cabezas e Álvaro Costa´s & Hot Band.
Cine Realidade
Outra das actividades do programa das Festas do Cristo, o Cine Realidade 2006 "Camiños e Fronteiras", chega mañá á súa última cita cos vigueses na Praza da Estrela, e faino coa película "Os tres enterros de Melquíades Estrada", dirixida, producida e protagonizada por Tommy Lee Jones. Este filme conseguiu o premio ao mellor guión e ao mellor actor no Festival de Cannes 2005.
A película conta cómo Melquíades Estrada morre a tiros e é enterrado de maneira apresurada no deserto de Texas. As autoridades non se preocupan moito da investigación do crime e depositan o corpo no cemiterio local. Será un amigo do defunto, o sheriff Pete Perkins, quen se ocupe de descubrir ao asasino, obrigándoo a levar o cadáver de Melquíades até México para proporcionarlle un definitivo terceiro enterro.
Dende as 23.00 horas, o público poderá gozar desta película, en versión orixinal subtitulada, na viguesa Praza da Estrela.
Un mar de corais
O programa das Festas do Cristo para hoxe venres complétase co ciclo "Vigo, un mar de corais", que ten unha nova cita no Museo Verbum dende as 20.30 horas. Actuarán as corais do Centro Social de Rivera Atienza e da AVV de Cabral.
O programa das corais será o seguinte:
Centro Social de Rivera Atienza
Alma, corazón y vida (J. Ezkurra)
Era una flor (Romo)
Alma de juventud (J. C. Mariñas)
Catro vellos mariñeiros
(M. Groba)
Camino del indio (F. Cabedo)
El eco de un bolero (J.C. Mariñas)
Va pensiero (Verdi)
Alborada da AVV de Cabral
La sirena (Rey Rivero)
Alma llanera (P. Elías Gutiérrez)
Te quiero (M. Grever)
Volvoreta (Rey Rivero)
Balaio (Villalobos)
Descargar todas as imaxes