Festa da Sardiña na Carballeira da Guía de Vigo
A Carballeira da Guía acollerá o sábado, 29 de xullo, unha nova edición da Festa da Sardiña, que comezará ás 11.00 horas. Durante esta xornada festiva degustaranse uns 1.500 quilos de sardiña e aproximadamente 450 de pan de millo.
As sardiñas comezarán a cociñarse ás once da mañá, e ás 12.30 horas está prevista a entrega da Sardiña de Ouro, este ano á Asociación Hoy por Mañana. Pouco despois haberá na carballeira da Guía un concerto da banda As Delicias de Caiero.
Xa pola tarde, a carballeira acollerá unha actuación de grupos de baile ás 19.00 horas, e xa de noite, dende as 21.00 horas, haberá verbena, amenizada polas orquestas Delicias de Caeiro e Tambo.
Descargar todas as imaxes
Xa pola tarde, a carballeira acollerá unha actuación de grupos de baile ás 19.00 horas, e xa de noite, dende as 21.00 horas, haberá verbena, amenizada polas orquestas Delicias de Caeiro e Tambo.