Escoitar
XIII SEMANA DE TEATRO EN FAMILIA

La Galera Encantada abrirá a XIII Semana de Teatro con "Pido gancho"

A Praza da Estrela acollerá hoxe luns, 31 de xullo, a primeira función da XIII Semana de Teatro. Ás 20.00 horas dará comezo un dos espectáculos infantís máis prestixiosos do ano, premiado na última Feria de Teatro para Nenos e Nenas de Xixón (FETEN) co título "Pido gancho".

luns, 31 xul 2006
1154346602Teatro.jpg
A compañía arxentina La Galera Encantada contaralle ós máis cativos a historia de Carliños e Violeta. Un enternecedor conto a cargo de dous clowns, que sen dúbida farán as delicias de todos os nenos. Os protagonistas chegan aos 50 anos de casados, e ela está a preparar un álbum de fotos para o seu home. Nas imaxes que atopa lembra os momentos compartidos, o día que se coñeceron, o primeiro bico, a voda, a chegada do seu fillo…

As actuacións teatrais realizaranse ás 20.00 horas para aproveitar a luz natural, cun público que en edicións anteriores rozou as 1000 persoas diarias, con idades entre 0 e 99 anos. O obxetivo do proxecto e entreter o público de tipo familiar e divertir non só os cativos, senón tamén os adultos que os acompañan. Todas as obras se realizarán na Praza da Estrela, en caso de que as condicións meterolóxicas non fixeran posible poñer en marcha algunha das representacións nesta localización, sempre que dende o punto de vista técnico sexa posible, trasladaríase ao auditorio municipal, onde o aforo limítase a 300 persoas.


Descargar todas as imaxes