José Manuel Iglesias comproba o estado das obras de saneamento en Zamáns
O concelleiro José Manuel Iglesias visitou hoxe a parroquia de Zamáns para coñecer o estado das obras de saneamento que se están a acometer no rural do municipio. Estes traballos supoñen para Zamáns a ampliación da rede do Servizo Municipal de Augas, levándoa a máis de 240 vivendas.
As obras de Zamáns, que comezaron a principios deste outubro, contan cun investimento de cerca de 2.632.000 euros e teñen un prazo de execución de 12 meses. José Manuel Iglesias apuntou que se as condicións meteorolóxicas o permiten as 240 vivendas afectadas poderán estar servidas no verán de 2006.
O proxecto contempla 12.374 metros lineais de colectores, que se ampliarán en máis de 2.000 metros lineais de colector PVC DN de 315 milímetros, e en máis de 3.000 metros lineais de PVC DN de 200 milímetros para acometidas adicionais. Os máis de 17.000 metros lineais de colectores que se executarán levarán o servizo de saneamento aos núcleos de Igrexa, Vilaverde e Marcosende, entre outros.
O proxecto, que será realizado por CONIUSA, está cofinanciado nun 20% polo Concello en un 80% con Fondos de Cohesión Europeos e inclúe o desenvolvemento dun programa de Vixilancia Ambiental para minimizar o seu posible impacto no medio ambiente. Este programa establece as medidas oportunas para adoptar durante a execución das obras.
Con estas accións, o Concello de Vigo responde ás necesidades de novas infraestructuras na cidade. A filosofía do proxecto é ofrecer as respostas técnicas que contribúan á mellora do servizo e da calidade de vida dos cidadáns de Vigo, respectando o medio ambiente.
Descargar todas as imaxes