Corina Porro e María José Caride reúnense para definiren o futuro modelo urbano de Vigo
A alcaldesa, Corina Porro, reuniuse hoxe martes coa conselleira de Política Territorial, María José Caride, co obxectivo de definir actuacións a medio e longo prazo nos ámbitos do urbanismo, as infraestructuras e o transporte metropolitano.
Tras o encontro, Corina Porro afirmou que este é "o momento de planificar" un modelo de cidade que "abrirá portas ao futuro", en referencia á posible aprobación provisional do Plan Xeral, que se votará a finais deste ano, e ao próximo desenvolvemento da lei que rexerá a Área Metropolitana.
Segundo a alcaldesa, destes documentos "dependen o solo para o novo hospital e os novos centros de saúde, para a cidade da xustiza, a vivenda e o solo industrial coa súa repercusión económica", cuestións "fundamentais para o desenvolvemento de Vigo" e que esixen, dixo, que Concello, Xunta e Goberno central actúen de maneira conxunta .
Corina Porro considera que, despois das reunións técnicas entre as tres institucións, é hora de que os políticos desenvolvan acordos. Nesta liña, demandoulle a María José Caride un novo pulo ao convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Política Territorial, para que as actuacións contempladas neste se inclúan no futuro Plan Xeral.
Pola súa parte, María José Caride mostrou a súa "inquietude pola área de Vigo" e polos seus "problemas de infraestructuras e de transporte sen resolver", e asegurou que Política Territorial "vai impulsar o acceso ao solo industrial e ao transporte público". Neste sentido, anunciou que en 2006 o Goberno autonómico contará cun estudo da accesibilidade de todas as cidades de Galicia. O conxunto de posibles actuacións neste ámbito inclúe un tranvía lixeiro e unha estación de tren pasante, que ademais se podería aproveitar para construír unha liña de metro.
Doutra banda, María José Caride afirmou que " se están habilitando posibilidades técnicas para que o Eixo Atlántico e a entrada da alta velocidade en Vigo sexan unha realidade".
Por último, Canto á posible aprobación provisional do Plan Xeral, a conselleira dixo que "cada cidade debe decidir o seu modelo", se ben "a Consellería ten que velar polo seu ámbito de competencia", que é o que trascende, recordou, o do municipio.
Descargar todas as imaxes