Escoitar

O Goberno municipal decide concentrar o esforzo da Xerencia de Urbanismo na redacción do novo Pxom

luns, 2 xul 2001
imx401.jpg
O Goberno municipal decidiu hoxe concentrar o traballo da Xerencia de Urbanismo no próximo ano na elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Para iso, a Xerencia non redactará máis Plans Parciais e limitarase a tramitar os que xa están en marcha.

O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, explicou que durante os dous anos anteriores a Xerencia dedicouse a redactar planeamento secundario que levaba paralizado no Concello unha morea de anos. O obxectivo era o de desbloquear a concesión de licencias en lugares que non contaban coa correspondente figura de planeamento. Así, elaboráronse 16 Plans de Mellora de Nucleos Rurais e figuras de planeamento importantes como o Pepri de Bouzas, o Peri S. Roque ou o Pepri do Casco Vello, que están agora en fase de tramitación para a súa aprobación definitiva. No próximo ano, continuarase coa xestión destes plans, pero non se redactará ningún máis para dedicar todo o esforzo da Xerencia á elaboración do PXOM.
Descargar todas as imaxes