Escoitar

A praia de Samil dispón dun dispositivo para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade

luns, 2 xul 2001
imx399.jpg
A Concellería de Benestar Social, en colaboración coa Cruz Vermella e con Caixanova, porá en marcha durante este verán na praia de Samil unha experiencia piloto para facilitarlles o acceso e o baño ás persoas con mobilidade reducida.

O dispositvo para a mellora da accesibilidade consiste nunha pasarela para chegar ó mar e dúas cadeiras de baño adaptadas ás necesidades dos discapacitados. O servicio estará atendido por persoal da Cruz Vermella, que é a entidade encargada de organizar e desenvolver esta iniciativa.

O servicio prestarase tódolos días durante os meses de verán, desde hoxe e ata o 31 de agosto de 2001. O horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

O dispositivo estará debidamente sinalizado e situarase onda a caseta da Cruz Vermella e poderá ser utilizado, de forma gratuíta, por calquera persoa con mobilidade reducida que precise axudas técnicas para acceder ó mar.
Descargar todas as imaxes