Declaración do Concello de Vigo ante os atentados de Madrid
A alcaldesa, Corina Porro, lía esta mañá , no decurso dunha concentración na praza do Rei, unha declaración institucional de repulsa ante os atentados perpetrados en Madrid.

"Hoxe, a tódolos vigueses únenos a dor. Únenos a solidaridade coas familias que teñen sido golpeadas polo terrorismo. Únenos o afecto ós cidadáns de Madrid. Únenos a indignación e a conmoción que está a sentir toda España.
O noso estado de dereito, o que entre todos temos construido, dará resposta contundente a estes actos criminais
A Corporación Municipal chama a tódolos vigueses a se manifestar mañá venres, ás sete da tarde, dende a rotonda de Isaac Peral ata a Porta do Sol, para dicir co noso silencio que xuntos somos quen de derrotar o terrorismo. Que estamos xuntos neste do e que nos abriga a constitución.
Coas víctimas, coa Constitución, pola derrota do terrorismo gardemos, agora, tres minutos de silencio."