O Concello inicia as obras de humanización da rúa Soutomaior en Coia
Abel Caballero asistiu hoxe ao comezo da reforma que conta cun investimento municipal de 340.000 euros. Súmase ás iniciadas no mes de xullo nas rúas Tomiño e Mondariz. Entre as tres suman preto de dous millóns de euros.
O alcalde avanzou que o proxecto municipal programado na rúa Soutomaior supón a súa remodelación total, xa que contempla a renovación de todas as redes de servizos, o mobiliario urbano, a xardinería, o pavimento, alén da mellora da accesibilidade coa construcción dun acceso dobre.
O rexedor indiciu na ampliación das beirarrúas e na delimitación das zonas de aparcamento para optimizar o seu uso . “Unha magnífica actuación”, puntualizou.
O Concello tamén comezou o pasado mes de xullo as obras de humanización nas rúas Tomiño, por 591.977 euros, e Mondariz, por 780.318 euros.
Rúa Pazo
Caballero anunciou que na próxima Xunta de Goberno aprobarase o proxecto das obras necesarias para rematar as obras de humanización da rúa Pazo, parada pola renuncia da empresa adxudicataria como consecuencia da súa situación de insolvencia. Remarcou que o proxecto contempla a ampliación da mellora da zona semipeonil. “O que tiñamos previsto, de aquí a un pouco, de novo en marcha”.