Escoitar

Vigo convértese no escenario de «Pínkala», a nova película de Juanjo Giménez

Abel Caballero visitou esta mañá a rodaxe de «Pínkala», a nova película do director Juanjo Giménez, protagonizada por Pol López e María Leite. O equipo traballará durante as próximas cinco semanas na cidade, escenario principal da produción, e visitará unha semana Lituania para filmar alí. “Queremos que Vigo siga sendo un lugar de rodaxe de películas”, destacou o alcalde. O Concello colabora coa produción na tramitación dos permisos, a procura de localizacións e a cesión de espazos. Caballero salientou tamén a traxectoria de Juanjo Giménez, gañador en 2016 da Palma de Ouro ao mellor curtametraxe por Timecode, filme que tamén foi candidato ao Óscar. A súa última película, Tres, estreouse nos festivais de Venecia e Toronto.

luns, 3 ago 2026
Descargar todas as imaxes