Escoitar

O Concello inviste 64.000 euros na mellora do adro da Igrexa de San Lorenzo de Coruxo

O alcalde participou este venres na posta en funcionamento, logo do remate das obras, do novo muro perimetral e da varanda que dará seguridade ao recinto onde se celebran as festas da parroquia.

venres, 31 xul 2026

O Goberno municipal reparou o muro perimetral e substituíu as varandas na contorna da capela de San Lorenzo de Coruxo “unha reforma moi importante que permite dar seguridade ao recinto”, explicou Abel Caballero.

A obra tivo un orzamento de 64.000 euros no marco do convenio entre o Concello e a Diocese Tui-Vigo no que “acordamos xuntos as melloras que se van facer en cada espazo, nun patrimonio común e colectivo”, apuntou, e co que “queremos contribuír a dar seguridade ao patrimonio histórico da Igrexa en Vigo.

No acto participaron o bispo da Diocese Tui-Vigo, Antonio Vallín, e o párroco, Emilio González.

 

Descargar todas as imaxes