Escoitar

O II Festival de Música de Cámara Sinerxias 430 ofecerá catro concertos de artistas internacionais

Abel Caballero referendou esta mañá o apoio do Concello ás iniciativas da Orquestra 430, durante a presentación do novo programa de concertos que, do 24 de setembro ao 28 de novembro, contará con clases maxistrais gratuítas para o alumnado do conservatorio profesional.

luns, 3 ago 2026

A segunda edición do Festival Internacional de Música de Cámara de Vigo Sinerxias 430 “Mapas invisibles” conta cunha achega municipal de 150.000 euros, segundo explicou o alcalde ao destacar que se trata dunha “magnífica acción e un gran éxito da cidade”.

Javier Escobar, director da Orquestra Vigo 430, explicou que a segunda edición do festival internacional de música de cámara é o resultado do éxito alcanzado na primeira, como se constata no elevado volume de intérpretes de internacionais de música clásica que presentaron propostas para participar na programación. Escobar agradeceu o apoio mantido á orquestra polo Concello de Vigo durante dúas décadas. “Estamos orgullosos de contar cun concello que apoia un programa con concertos que non son para unha gran cantidade de público”, incidiu.

O programa ofrecerá catro concertos, dúas clases maxistrais e unha mesa redonde no Teatro García Barbón, a Basílica de Santa María e o Café Vitruvia.

Programa

  • 24 e 25 de setembro: clases maxistrais dirixidas pola pianista Siquian Li no Conservatorio Profesional de Vigo. Iniciativa gratuíta para o alumnado.
  • Domingo 27 de setembro, 12.00 horas. Concerto da violinista Catherina Le, a pianista Siqian Li e Ensemble Vigo 430, no Teatro García Barbón.
  • Xoves 29 de outubro, 20.00 horas. Mesa redonda no Café Vitruvia cunha reflexión sobre a construción do canon musical e a recuperación de compositores esquecidos con Albéric Magnard como punto de partida.
  • Sábado 31 de outubro, 20.00 horas. Concerto “Proxecto Magnard”, en homenaxe ao compositor francés, no Teatro García Barbón.
  • Sábado 14 de novembro, Basílica de Santa María ás 20.00 horas. Concerto “batallas, folías e paixóns” coa flautista Manuela Mitterer e Ensemble Barroco Vigo 430.
  • Sábado 28 de novembro, Teatro García Barbón, 20.00 horas. Concerto “De amor e fronteira”, con Anuschka Pedano, viola; Illia Fialko, piano, a intérprete de María Pedano e a Ensemble Vigo 430
Descargar todas as imaxes