Escoitar

A Concello cambiará a rede de tuberías de fibrocemento

O Concello substituirá as tuberías de fibrocemento de xeito paralelo á mellora dos firmes das distintas rúas. A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, encargou un informe ós técnicos municipais para medir os parámetros de calidade da rede de abastecemento de auga e anunciou que o Concello actuará, a medida que se melloren os firmes das rúas, na substitución da rede de tuberías de fibrocemento, que na cidade representan 140 quilómetros dos mais de 1.000 quilómetros de tuberías.<br />

martes, 3 feb 2004
1075816720Dsc00015.jpg
Corina Porro sinalou, trala reunión que mantivo con técnicos municipais e con responsables de "aqualia", que a rede de abastecemento da cidade está totalmente dixitalizada e se atopa en boas condicións e que os 140 quilómetros de tuberías de fibrocemento representan un 14 por cento do total, unha porcentaxe que sitúa a Vigo coma "unha das cidades que teñen menos tuberías deste material". Corina Porro indicou que o asunto "é preocupante pero non grave" e anunciou que, unha vez coñecido o informe dos técnicos municipais, o Concello ía desenvolver un plan de actuación paralelo que consistirá en que, coma se fixo na rúa Urzaiz, o Concello actuará na correspondente rede de saneamento cada vez que se melloren os firmes dunha rúa.

Hoxe en día, o Concello traballa na substitución das tuberías das rúas Doutor Marañón, Salgueira, Avenida Atlántida, Marín, Pescadores e na 1ª Travesía da Salgueira, e en breve vai actuar na reposición das tubos das rúas Lalín, Balbarda, Coutadas, Roade e na primeira parte de Camelias.

Corina Porro visita a zona do Porto afectada polo vertido de gasóleo

Por outra banda, a alcaldesa, Corina Porro, desprazouse esta mañá ata a zona do Porto de Vigo afectada polo vertido de gasóleo. Acompañada do presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, a alcaldesa comprobou as labores de absorción deste vertido, de entre 50 e 100 litros de gasóleo, que na madrugada do martes produciuse na zona do porto que se atopa fronte ó edificio de Casa Mar.
1075816720Dsc00015.jpg
1075816927Dsc00017.jpg
Descargar todas as imaxes