luns, 2 febreiro 2004

O Concello solicita axuda comunitaria para a financiamento da ampliación do saneamento en Zamáns

luns, 2 feb 2004

A alcaldesa Corina Porro ven de mandar unha carta ao director xeral de Fondos Comunitarios e Financiamento Territorial do Ministerio de Facenda na que lle comunica que o Goberno Municipal de Vigo decidiu solicitar da Unión Europea cofinanciación no marco do Fondo de Cohesión para a execución do proxecto técnico de ampliación do saneamento da parroquia de Zamáns, dentro da convocatoria do período 2000-2006.

Amplíase o horario da Biblioteca Central<br />

luns, 2 feb 2004

O Concelleiro de Cultura e Educación, Ignacio López Chaves realizou esta mañá xestións para que a Biblioteca Central este aberta en horario nocturno por por da época de exámenes. Deste xeito dende o día de hoxe e ata o vindeiro 12 de febreiro amplíanse os horarios da Biblioteca Central ata as 22,30 horas de luns a venres .