Escoitar

Obras no pavimento en Castelao

A Concellería de Vías e Obras ven de realizar este días actuacións no pavimento na intersección da Avda. Castelao con Tomás Paredes-Porriño.

venres, 30 xan 2004
As actuacións realizadas consistiron no de fresado do pavimento para proceder á reposición do mesmo en canto as condicións climatolóxicas o permitan. Estas obras forman parte do plan de pavimentación previsto para a totalidade da Avenida Castelao.

Pola súa banda , a Concellería de Mobilidade e Seguridade pon en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechado ao tráfico o Camiño do Vilar (Lavadores), entre o número 26 e o número 32, con acceso exclusivo para residentes, dende o luns 2, ás 00.00 horas, ata o sábado 7 de febreiro, ás 24.00 horas. E no Camiño Quintela (San Paio de Navia) ), con acceso exclusivo para residentes, dende o luns 2, ás 00.00 horas, ata o venres 6 de febreiro, ás 24.00 horas.