A Xunta de Goberno Local aproba o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe inicialmente o PEPRI Casco Vello e o seu catálogo anexo, segundo a documentación redactada pola empresa Consultora Galega S.L. e asinado polo arquitecto César Portela.
O acordo de aprobación vai determinar a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias nos ámbitos do territorio obxecto de planeamento nos que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.
No ámbito do Casco Vello, a Xunta Goberno analizou tamén un informe relativo á situación da rúa dos Cesteiros, e acordou encargar ós servicios municipais de Patrimonio Histórico a elaboración dunha proposta técnica e económica encamiñada a evita-la desaparición da actividade artesanal e da imaxe típica desta rúa viguesa, así coma a súa recuperación comercial e patrimonial.
Acordos en materia policial
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Antonio Coello, compareceu hoxe na rolda de prensa posterior á celebración da Xunta de Goberno para informar sobre as propostas de adhesión do Concello de Vigo ó acordo de colaboración entre o Ministerio de Interior e o Concello en materia policial, que permitirá ó acceso ó banco de datos da Dirección Xeral da Policía coa conseguinte fluidez na información. O concelleiro de Mobilidade deu conta ademais da proposta de adhesión do Concello de Vigo ó convenio de colaboración entre o Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galicia para a conexión da Policía Municipal de Vigo á axenda programada de citacións ante os xulgados de garda, que permitirá axiliza-los trámites actuais cun custe cero.
Descargar todas as imaxes