Escoitar

O Concello solicita axuda comunitaria para a financiamento da ampliación do saneamento en Zamáns

A alcaldesa Corina Porro ven de mandar unha carta ao director xeral de Fondos Comunitarios e Financiamento Territorial do Ministerio de Facenda na que lle comunica que o Goberno Municipal de Vigo decidiu solicitar da Unión Europea cofinanciación no marco do Fondo de Cohesión para a execución do proxecto técnico de ampliación do saneamento da parroquia de Zamáns, dentro da convocatoria do período 2000-2006.

luns, 2 feb 2004
O proxecto consiste en eliminar o vertido incontrolado de augas residuais na parroquia de Zamáns, posibilitando a súa conducción e posterior tratamento, neste senso debe considerarse como a implantación dun servicio básico neste ámbito xeográfico, que mellorará a calidade de vida e preservará os posibles efectos adversos sobre o medio natural.

O proxecto técnico está aprobado na súa fase definitiva en sesión plenaria de data 28 de xaneiro de 2002. Esto permitiría que o comezo da súa execución –trala confirmación da axuda financeira solicitada- e estaríase en disposición de someterse a licitación pública, de tal sorte que a adsripción ao servicio público das instalacións e consecuentemente entrada en funcionamento tería lugar en xaneiro de 2006.

O presuposto total do proxecto é de 2.980.000 euros . A axuda financeira solicitada á Unión Europea é do 80% ; o 20% restante o asume o Concello con cargo ao presuposto municipal previsto para o presente ano.