Corina Porro asegura que a ampliación do Ifevi convertirá ó recinto feiral nun dos máis importantes de España
A alcaldesa, Corina Porro, manifestou hoxe tra-la reunión do padroado do IFEVI, na que se ratificou a contratación da execución das obras de ampliación do recinto feiral de Cotogrande, que a ampliación do Ifevi convertirá ó recinto feiral nunha das mellores instalacións de España.
Corina Porro destacou que a ampliación, coa que o Ifevi pasará a ter máis de 30.000 metros cadrados e entre 8.000 e 12.000 asientos máis, dará solución ás pequenas limitacións que ata o de agora tiña o recinto. A ampliación, segundo indicou a alcaldesa, terá unha "importante repercusión no sector servicios, e afectará directamente ó sector da hostelería e os hoteis da cidade".