VIII Seminario de Arte Románixa
Un ano máis a Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo organiza este Seminario dirixido a tódalas persoas interesadas pola arte románica. Esta actividade, dirixida polo profesor Xabier Ocaña Eiroa, adícase nesta a súa VIII edición ó estudio da simboloxía románica nas portas das igrexas medievais da rota xacobea.
Como recolle Xabier Ocaña no tríptico de presentación: "O mundo medieval era amplamente simbólico. Grande parte da actividade das persoas estaba codificada en símbolos relixiosos que pretendían ilustrar á poboación sobre os misterios da fe baixo un aspecto distinto ó da realidade presente. Era información codificada que procedía dunha interpretación erudita que a igrexa poñía a disposición dos seus fideles baixo distintivos de difícil interpretación. Para isto contaba coa oportunidade das igrexas, das súas portas, lugar idóneo de mostra e aceptación. Moitas eran as posibilidades nese camiño e moitas as realidades aproveitadas. A interpretación deses símbolos representa un dos máis excitantes retos da arqueoloxía románica".
No Concello de Vigo hai constancia documental da existencia na idade media de 17 igrexas románicas das que aínda perviven as de Santa María de Castrelos, San Salvador de Coruxo e Santiago de Bembrive.
O seminario celebrarase os días 28 de febreiro e 6,13 e 27 de marzo, no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.
Inscrición: Ata o 24 de febreito coa presentación ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Programa
28 de febreiro
Símbolo, Janua, Crismón, Psicostasis, Trifrontes
6 de marzo
Déxtera Domini, Año, Dragón, Porta
13 de marzo
Fachada de Sta. María la Real de Sangüesa
Audiovisual: San Xoán de Portomarín
27 de marzo
Carrión, León, Santiago
Audiovisual: O Camiño de Santiago
Descargar todas as imaxes