O Concello comenzará en maio as obras para trasladar os colectores que permitirán a ampliación de Tribuna
Para financiar esta actución, que supera os 3 millóns de euros, Caballero lembrou que xa se dirixiu á Deputación e á Xunta” para asumir o custo a terzos. Este proxecto consolidará un campo con máis de 40.000 asentos que quedará ao servizo do Celta e no que se poderán organizar concertos, explicou.
“Estamos a punto de aprobar o proxecto para desprazar os colectores e a obra arranca no vindeiro mes de maio”, desvelou esta mañá Abel Caballero, explicando que a actuación supera os 3 millóns de euros. Esta actuación é un requisito previo para poder executar posteriormente a ampliación de Tribuna, e neste punto, o alcalde quixo recordar que xa remitiu unha misiva “á Deputación e á Xunta” para que cada administración financie un terzo.
Neste senso, quixo recordar que o Partido Popular de Vigo no último Pleno da Corporación Municipal “non apoiou que Balaídos fose sede do Mundial 2030” e sinalou que “cando din que non, é porque non queren que Balaídos sexa sede nin que a Xunta e a Deputación paguen”. Caballero tamén censurou que a oposición “di que non hai orzamento nin proxecto” e destacou que “na Coruña non había proxecto e sen embargo fixérona cidade sede”.
Ademáis, o rexedor aproveitou para repasar todas as actuacións realizadas nos últimos tempos, explicando que o Concello xa enviou o proxecto básico da grada de Tribuna á Federación Española con 43.000 espectadores en Balaídos. En setembro de 2025, deuse a coñecer o novo perímetro do campo e, en outubro, confirmouse que sería unha grada corrida”. Caballero proseguiu explicando que a principios de febreiro enviouse o estudo de inundabilidade a Augas de Galicia e nestes momentos "xa temos a súa autorización”. Na súa intervención resaltou que “iso é o proxecto”. Finalmente, Caballero destacou que “o campo quedará despois para o Celta con máis de 40.000 espectadores e poderá albergar concertos”.