Escoitar

O Concello organiza un ciclo de cine ao ar libre nos xardíns do Pazo de Castrelos

Os xardíns do Pazo de Castrelos serán escenario, durante os venres e sábados do 22 de agosto ao 6 de setembro, do ciclo de cinema ao aire libre “Era unha vez nunha mansión británica...”. As proxeccións das seis películas, que comezarán ás 22:00 horas, serán de acceso libre e totalmente gratuíto ata completar o aforo.

martes, 19 ago 2025

O alcalde presentou hoxe xunto aos concelleiros de Cultura, Gorka Gómez, e Turismo, María Lago, o ciclo de proxeccións cinematográficas programadas nos xardíns do Pazo de Castrelos con motivo da celebración do centenario da doazón á cidade.

Caballero informou que cada sesión de cinema contará con 200 cadeiras, de acceso gratuíto, coa posiblidade de contemplar a película tanto sentado na herba ou de pé nas inmediacións. Parte das proxeccións están ambientadadas nas grandes mansións británicas.

“Na celebración do centenario da doazón queremos que a cidade se familiarice, aínda máis, con Castrelos e especialmente cos xardíns e co pazo”, explicou Caballero ao incidir que o triple obxectivo do ciclo de cinema é promocionar a cultura cinematogrática, a experiencia das proxeccións ao aire libre e “a toma de posesión da cidade á parte á que flúe menos”.

Programa 

  • Venres 22 de agosto:"Corgi": as mascotas da raíña. Animación. Para todos os públicos.
  • Sábado 23 de agosto: "Enma". Comedia. Maiores de 12 anos.
  • Venres 29 de agosto: " O xardín secreto". Género fantástico. Para todos os públicos.
  • Sábado 30 de agosto: "Puñais porlas costas" . Mayores de 16 anos.
  • Venres 5 de setembro: "Misterio en Venecia". Trhiller. Maiores de 12 anos
  • Sábado 6 de setembro: "Antes de nós". Biografía de Castelao 
Descargar todas as imaxes