O alcalde saúda aos participantes na xornada sobre o impacto do goberno de Trump na economía galega
Abel Caballero saudou este venres aos participantes na xornada " Xornalismo 2030", organizado por Fernando Jáuregui para abordar as consecuencias na economía de Galicia das políticas aplicadas nos primeiros cen días de mandato de Donald Trump, recalcando a ruptura que significou a chegada da nova administración a 78 anos de existencia dun sistema de funcionamento da economía mundial. "A deterioración do goberno de Estados Unidos en 100 días non ten igual na historia do país. En 100 días o modelo veu abaixo e vivimos unha situación de hostilidade económica que non é boa para ninguén, nin para os Estados Unidos, como se observa nas bolsas norteamericanas e na reacción do conxunto dos mercados" e nos empresarios multimillonarios copartícipes con Trump, afirmou, ao advertir que a "política tamén vai reaccionar, porque se está rompendo a orde mundial" establecida desde a década dos anos 50 do século pasado. O alcalde explicou aos relatores a transcendencia dos 72 millóns de euros que investirá o Rede Eléctrica na liña de moi alta tensión que abastecerá a Stellantis ao conxunto da industria, e que Vigo foi unha das últimas cidades en contar con subministración de luz por ser o final da liña.
