Escoitar

A unanimidade do Pleno aproba o Plan de Infraestruturas que permitirá executar un novo acceso ao Ceip Párroco don Camilo

A Corporación Municipal deu luz verde este luns á aprobación definitiva do Plan de Infraestruturas e Dotacións o “único camiño posible” para executar unha nova vía de acceso ao centro educativo de San Andrés de Comesaña, tal e como expuxo a concelleira de Urbanismo.

luns, 31 mar 2025
A Corporación gardou un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero
A Corporación gardou un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero

A concelleira de Urbanismo expuxo a necesidade da aprobación do Plan de Infraestruturas e Dotacións como o “único camiño posible para executar este viario” que dará acceso de comunicación rodado e peonil ao centro educativo desde a estrada PO-552 e permitirá que o transporte escolar chegue ás instalacións, deixando ao alumnado na porta do colexio. Foi aprobado por unanimidade.

O Concello tratou de acometer o proxecto a través de diferentes vías, como a utilización da Lei Vigo 3/2016, que permitisen “unha execución rápida pero foron desbotadas” polo que este Plan de Infraestruturas é o único mecanismo para atender a demanda da comunidade educativa e do centro, que carecía dun acceso seguro.

Tal e como explicou María Xosé Caride este é o obxectivo fundamental do Plan, que permitirá executar un novo acceso ao Ceip Párroco don Camilo a través dun viario de 16 metros en pendente máxima do 12%, que incorpora un itinerario peonil adaptado que acompaña o percorrido do viario, cunha pendente que non supera o 6%, polo que cumpre “toda a normativa de accesibilidade”. Ademais, a actuación supón un “elemento de oportunidade para o futuro” porque se incorpora a este viario rodado unha zona verde que se vai desenvolver no ámbito, ao carón do cole, cunha superficie 6.700 metros cadrados, onde se crearán prazas de aparcamento para 24 coches e 2 autobuses e incorporarase unha intervención para dotar de especies arbóreas a todo o itinerario “absolutamente imprescindible”.

Descargar todas as imaxes