Escoitar

Vigo contabilizou en febreiro os mellores datos de viaxeiros desde que hai rexistros

Vigo rexistrou o pasado febreiro os mellores datos nacionais e totais desde que hai datos, cun incremento do 13 por cento con respecto a 2024, e a cuarta mellor cifra de estranxeiros nun mesmo mes. “Isto significa o tirón de Vigo”, recalcou o alcalde.

venres, 21 mar 2025

Abel Caballero destacou hoxe o incremento da afluencia de visitantes a Vigo rexistrados polo INE durante os primeiros meses de 2024. Segundo o organismo estatal, en febreiro contabilizáronse 30.137 viaxeiros, 3.468 máis que o ano pasado, dos que o 77 por cento son nacionais e o 22 por cento estranxeiros. As pernoctas tamén constatan o incremento da afluencia de visitantes con 49.068 reservas, cifra que representa un incremento do 1,56 por cento sobre os datos do ano pasado.

Os datos de visitantes sinalan que Vigo achegou ou 54,10 por cento dos viaxeiros da provincia de Pontevedra e o 14 por cento do total de Galicia. “Este é o tirón de Vigo e o que significa. Somos o lugar de atracción turística e de viaxeiros, de longo, máis importante de Galicia"

Descargar todas as imaxes